Horacio - Wikipedia, a enciclopedia libre Horacio Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Saltar ata a navegación Saltar á procura Horacio Horacio (retrato idealizado) Nacemento 8 de decembro de 65 a. C.   Venosa Falecemento 27 de novembro de 8 a. C.   Roma Soterrado Roma Nacionalidade Roma Antiga Etnia Ancient Romans Ocupación poeta, escritor e filósofo Pai valor descoñecido Nai valor descoñecido Coñecido por Ars Poetica [ editar datos en Wikidata ] v c e Horacio (Quintus Horatius Flaccus en latín) naceu en Venosa o 8 de decembro do 65 a. C. e morreu en Tívoli o 27 de novembro do 8 a. C. Cóntase entre os máis ilustres poetas de todos os tempos. A súa obra ten un dobre nivel de escritura, obxecto de malentendidos e de contrasentidos fáciles, como o testemuña por exemplo a famosa divisa carpe diem, ou a non menos célebre fórmula aurea mediocritas, tiradas respectivamente das Odas, I, 11 e II, 10. Biografía[editar | editar a fonte] Nado en Venosa no 65 a. C., nos confíns entre a Apulia e a Lucania, fillo dun liberto que se trasladou a Roma para traballar como exactor nas poxas públicas, tarefa pouco estimada mais rendíbel. O poeta era por tanto de humilde orixe, mais gozaba de boa posición económica. Seguiu cursos regulares de estudos en Roma e despois en Atenas, onde estudaría filosofía. Cando estalou a guerra civil Horacio enrolouse no exército de Bruto, combatendo como tribuno militar na batalla de Filipos (42 a. C.). No 41 a. C. volveu a Italia grazas a unha amnistía e, coñecida a noticia da confiscación dos bens paternos, gañou o sustento como secretario dun cuestor. En 38 a. C. foi presentado a Mecenas por Virxilio e Varo. Nove meses despois Mecenas admitiuno no seu círculo. Daquela Horacio dedicouse enteiramente á literatura. Nin casou nin tivo fillos. Mecenas dooulle unha villa en Sabinia, que foi moi pracenteira para o poeta, que non gustaba da vida cidadá. Coa súa poesía fixo intensa propaganda a favor do Emperador Augusto. Temos un exemplo claro nas Odas e no Carmen saeculare. Faleceu en novembro do 8 a. C.; foi sepultado no outeiro do Esquilino, ó pé do seu amigo Mecenas, morto tan só dous meses antes. Obras[editar | editar a fonte] Sátiras (Saturae ou Sermóns, como as definira o autor), en dous libros que comprenden 18 sátiras, escritas entre o ano 41 a. C. e o 30 a. C.: o I libro (10 sátiras) foi dedicado a Mecenas e publicado entre o 35 a. C. e o 33 a. C., mentres o II libro (8 sátiras) foi publicado no 30 a. C. xunto cos Épodos. Épodos (Epodon libri), 17 composicións, publicadas no 30 a. C. Odas (Carmina), en tres libros con 88 composicións, publicadas no 23 a. C. Un cuarto libro con outras 15 composicións publicouse en torno ao 13 a. C. Carmen saeculare ou "Canto das Idades", do 17 a.C., escrito por encargo de Augusto e destinado á cerimonia de clausura dos ludi saeculares. Epístolas (Epistulae), en dous libros. O I libro comprende 20 cartas compostas a partir do 23 e publicadas no 20 a. C., con dedicación a Mecenas, mentres o II libro, con tres cartas, escrito entre 19 e 13 a. C., comprende a Epístola aos Pisóns, o Ars Poetica (Arte Poética) en 476 hexámetros, que foi elevada a canon polas súas composicións poéticas en épocas posteriores. Control de autoridades : Q6197 WorldCat VIAF: 100227522 BAV: ADV12139878 BIBSYS: 90055203 BiTraGa: 2476 BLBNB: 000573561 BMT: 58659 BNCHL: 000035928 BNE: XX891549 BNF: 11886570b BRE: 2370010 BVMC: 7568 CANTIC: a10101214 CERL: cnp01316190 CiNii: DA00782980 DeutscheBio: 118553569 Discogs: 4499695 EBID: ID EGAXA: vtls000023274 Europeana: ID FAST: 39544 GEC: 0032926 GND: 118553569 Gutenberg: 1790 ICCU: IT\ICCU\CFIV\000246 IMSLP: ID ISNI: 0000 0001 2145 2178 LAC: 0009G0402 LCCN: n79081354 LibriVox: 3050 MusicBrainz: ID NDL: 00540086 NKC: jn20000603003 NLA: 35206138 NLG: 62641 NNDB: 000087584 NPG: mp163933 NTA: 068304579 OL: OL20088A openMLOL: 4508 PTBNP: 19592 RSL: 000083136 SELIBR: 189659 SNAC: w6pk0m9c SUDOC: 026659166 Treccani: quinto-orazio-flacco ULAN: 500404135 UNZ: Horace WomenWriters: ID Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Horacio&oldid=5003958" Categorías: Nados na provincia de Potenza Escritores en lingua latina Nados en -65 Finados en -8 Menú de navegación Ferramentas persoais Non accedeu ao sistema Conversa Contribucións Crear unha conta Acceder ao sistema Espazos de nomes Artigo Conversa Variantes Vistas Ler Editar Editar a fonte Ver o historial Mais Procura Navegación Portada Portal da comunidade A Taberna Actualidade Cambios recentes Artigos de calidade Páxina aleatoria Axuda Doazóns Ferramentas Páxinas que ligan con esta Cambios relacionados Páxinas especiais Ligazón permanente Información da páxina Citar esta páxina Elemento de Wikidata Imprimir/exportar Crear un libro Descargar como PDF Versión para imprimir Noutros proxectos Wikimedia Commons Outras linguas Afrikaans አማርኛ Aragonés العربية مصرى Asturianu تۆرکجه Башҡортса Žemaitėška Беларуская Беларуская (тарашкевіца)‎ Български Brezhoneg Bosanski Català Čeština Cymraeg Dansk Deutsch Zazaki Ελληνικά English Esperanto Español Eesti Euskara فارسی Suomi Võro Français Furlan Gaeilge עברית हिन्दी Fiji Hindi Hrvatski Magyar Հայերեն Interlingua Bahasa Indonesia Ido Íslenska Italiano 日本語 ქართული Қазақша 한국어 Kurdî Kernowek Latina Lingua Franca Nova Lietuvių Latviešu Malagasy Македонски മലയാളം Монгол मराठी Bahasa Melayu Nāhuatl Nederlands Norsk nynorsk Norsk bokmål Occitan ਪੰਜਾਬੀ Polski Piemontèis Português Română Tarandíne Русский Sardu Sicilianu Srpskohrvatski / српскохрватски Simple English Slovenčina Slovenščina Српски / srpski Seeltersk Svenska Kiswahili தமிழ் Tagalog Türkçe Татарча/tatarça Українська Oʻzbekcha/ўзбекча Tiếng Việt Volapük Walon Winaray 吴语 中文 粵語 Editar as ligazóns A última edición desta páxina foi o 2 de decembro de 2018 ás 09:52. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información. Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos. Política de protección de datos Acerca de Wikipedia Advertencias Vista móbil Desenvolvedores Estatísticas Declaración de cookies