Marco Aurelio - Wikipedia, a enciclopedia libre Marco Aurelio Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Saltar ata a navegación Saltar á procura Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) Marco Aurelio Emperador de Roma. Busto de Marco Aurelio. Gliptoteca de Múnic. Reinado 8 de marzo de 161 - 169 (con Lucio Vero). 169 - 177 (en solitario). 177 - 17 de marzo de 180 (con Cómodo). Nome completo Marcus Aurelius Antoninus Augustus Nacemento 26 de abril de 121 Roma.[1] Falecemento 17 de marzo de 180 Vindobona ou Sirmio.[1] Predecesor Antonino Pío Sucesor Cómodo Consorte Faustina a Menor Descendencia Cómodo, Galeria Lucila, Marco Annio Vero César, Fadilla, Annia Cornificia Faustina Minor Proxenitores Marco Annio Vero (biolóxico) Antonino Pío (adoptivo) Domicia Lucila v c e Marco Aurelio Antonino Augusto[2] (alcumado o Sabio ou Filósofo[3]) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121[4] e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano[5] e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.[3] Índice 1 Comezo do seu mandato 2 A política exterior de Marco Aurelio 3 O problema xermano 4 Morte 5 Notas 6 Véxase tamén 6.1 Outros artigos Comezo do seu mandato[editar | editar a fonte] Antonino Pio asociara o seu goberno ao nome de Marco Aurelio. Nacido en Roma de familia hispana, este emperador que chegou ao poder aos 40 anos, pasou á historia como un eminente filósofo estoico, foi alén disto un grande xurista, home de vasta cultura e un emperador cunhas altas cualidades de estadista, aínda que o período que lle tocou vivir non tivera a brillantez dos inmediatamente anteriores. Con el péchase o período que ten definido como felicior aetas(a época máis feliz) Cando foi elevado ao imperio, Marco Aurelio posuía unha ampla experiencia de goberno, case 15 anos como césar xunto ao seu predecesor. Compartira ese cargo con Lucio Vero, quen recibira o título de augusto. Esta organización do cumio do poder (un emperador,un césar e un augusto) era garantía de continuidade. No 169, morreu Lucio Vero e Marco Aurelio asociou como augusto o seu fillo Cómodo, froito do seu matrimonio con Faustina, filla de Antonino Pio. Foi unha pésima elección como amosaron os acontecementos que seguiron. A historia tende a considerar este período como un punto de inflexión, tras o cal comeza unha longa e lenta decadencia de Roma. A burocracia converteuse nunha cuncha que asfixiaba o Estado e frustraba os logros e eficacia anteriores, e que a propia complicación administrativa e a política fiscal promoveron unhas diferenzas cada vez mais acusadas entre a cidade e o medio rural, aspecto que para moitos historiadores é causa a longo prazo da ruína do Imperio. A realidade é que por unha serie de causas, o sistema de equilibrios que até entón facían posible a Pax Romana entrou en crise. As ameazas nas fronteiras multiplicábanse e a maquinaria do Estado perdía eficacia. O mantemento dun exército en continua loita nos dilatados límites do Imperio resultaba moi gravoso para a facenda pública e a produción comeza a exceder a capacidade de consumo. A política exterior de Marco Aurelio[editar | editar a fonte] Estatua ecuestre do emperador romano Marco Aurelio, situada na Praza do Campidoglio, na actual cidade de Roma. Marco Aurelio pasou boa parte do seu mandato envorcado nos problemas exteriores e ausente de Roma. O rei parto Vologeso, que mantivera unha respectuosa distancia cos romanos no período anterior, reivindicou os seus dereitos sobre Armenia, invadíndoa no ano 161 e vencendo un exército romano. Non satisfeito con isto, invadiu Siria. O augusto Lucio Vero logrou mudar a situación, e ademais de recuperar Armenia, saqueou a capital parta Ctesifonte. A campaña parouse a causa dunha epidemia de peste que decimou as forzas dos dous bandos. Roma nunca máis volveu a impoñer a súa soberanía máis aló do Éufrates, pero por un tratado de paz, asegurouse que naquel intre a política daqueles non entrara en conflito cos intereses romanos (166). O problema xermano[editar | editar a fonte] Nas fronteiras do Danubio, a situación era moi preocupante, a causa da axitación dos pobos xermánicos (cuados, marcomanos, hermunduros). Sen que se saiba moi ben cal foi o desencadeamento, varios destes pobos racharon as defensas romanas, atravesaron os Alpes e chegaron á cidade de Aquilea, unha fundación romana na cabeceira do Mar Adriático, non lonxe da actual Venecia. Marco Aurelio e Lucio Vero venceron os cuados. Pouco despois, outros pobos, entre eles os marcomanos e os derrotados cuados, volveron á ofensiva. Marco Aurelio trasladouse á rexión danubiana e permaneceu nela ao longo de seis anos, deica o 175. Foi entón cando escribiu, en grego, os seus Pensamentos, un clásico da filosofía estoica. Venceu os cuados e marcomanos no 172 e 175 respectivamente. Logo, volveu a Roma e substituíunos á fronte das tropas o seu fillo Cómodo, quen apenas contaba con 20 anos. Morte[editar | editar a fonte] Marco Aurelio morre o 17 de marzo do 180 nunha expedición contra os marcomanos en Vindobona, a que é a actual Viena. A morte de Marco Aurelio marca, para moitos historiadores, o final da Pax Romana. Imperio Romano Segue a: Antonino Pío Marco Aurelio(161-180) Precede a: Cómodo Dinastía dos Antoninos Notas[editar | editar a fonte] ↑ 1,0 1,1 "Marcus Aurelius". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 7 de agosto de 2007.  ↑ Dende o seu ascenso ó trono Imperator Caesar Marcus Aurelius Antoninus Augustus. ↑ 3,0 3,1 Francisco de Padilla. Historia Ecclesiastica de España, 1605, T1, folio 78. ↑ Historia Augusta, "Marco Aurelio". ↑ Pisa Sánchez, Jorge (2010). "Breve Historia de Hispania". Nowtilus: 165. ISBN 8497637690. Consultado o 9 de novembro de 2012.  Véxase tamén[editar | editar a fonte] Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Marco Aurelio A Galicitas posúe citas sobre:  Marco Aurelio Outros artigos[editar | editar a fonte] Cinco bos emperadores v c e Árbore familiar Nerva–Antonina (1) = primeira esposa (2) = segunda esposa (non mostrada) (3) = terceira esposa O púrpura escuro indica Emperador da dinastía Nerva-Antonina; púrpura claro indica herdeiro imperial designado que nunca reinou liñas discontinuas indican adopción; liñas punteadas indican relacións amorosas/fóra do matrimonio Versaleta = deificado póstumamente (Augusti, Augustae, ou outros) Q. Marcio Barea Sorano Q. Marcio Barea Sura Antonia Furnila M. Cocceio Nerva Serxia Plautila P. Elio Hadrián Tito (r. 79-81) Marcia Furnila Marcia Traxano Pai Nerva (r. 96–98) Ulpia Elio Hadrián Marulino Xulia Flavia Marciana C. Salonio Matidio Traxano (r. 98–117) Plotina P. Acilio Atiano P. Elio Afer Paulina Maior L. Xulio Urso Serviano Lucio Mindio (2) Libón Rupilio Frugi (3) Matidia L. Vibio Sabino (1) Antínoo Hadrián (r. 117–138) Paulina Menor Matidia Minor Suetonio Sabina M. Annio Vero C. Fuscus Salinator I Xulia Serviana Paulina Rupilia Faustina Boionia Procilla Cn. Arrio Antonino L. Cesenio Paeto L. Ceionio Cómodo Apia Severa C. Fusco Salinator II Arria Antonia Arria Fadila T. Aurelio Fulvo L. Cesenio Antonino Lucio Cómodo Fundania Plautia Ignota Plautia C. Avidio Nigrino Antonino Pío (r. 138–161) M. Anio Vero Domitia Lucilla Fundania M. Anio Libón FAUSTINA Lucio Elio César Avidia Plautia Cornificia MARCO AURELIO (r. 161–180) FAUSTINA Menor C. Avidio Casio Aurelia Fadila LUCIO VERO (r. 161–169) (1) Ceionia Fabia Plautio Quintilo Q. Servilio Pudente Ceionia Plautia Cornificia Menor M. Petronio Sura CÓMODO (r. 177–192) Fadila M. Anio Vero César Ti. Claudio Pompeiano (2) Lucila M. Plautio Quintilo Xunio Licinio Balbo Servilia Ceionia Petronio Antonino L. Aurelio Agaclito (2) Aurelia Sabina L. Antistio Burro (1) Plautio Quintilo Plautia Servila C. Furio Sabino Timesiteo Antonia Gordiana Xunio Licinio Balbo Furia Sabina Tranquilina GORDIANO III (r. 238-244) Control de autoridades : Q1430 WorldCat VIAF: 102895066 BAV: ADV12179132 BIBSYS: 90564087 BLBNB: 000181323 BMT: 140707 BNA: 000026945 BNCHL: 000166929 BNE: XX932158 BNF: 11914476c BNR: 000136425 BRE: 2186553 BVMC: 356 CANTIC: a10491697 CERL: cnp01259662 CiNii: DA00596148 DBE: marco-aurelio DeutscheBio: 118577468 EBID: ID FAST: 54205 GEC: 0040045 GND: 118577468 Gutenberg: 998 IMDb: ch0002130 Isidore: marc_aurele_empereur_romain_auteur_du_texte ISNI: 0000 0001 1031 946X LAC: 1020L1335F LCCN: n80051702 LibraryThing: aureliusmarcus LibriVox: 4398 MusicBrainz: ID NDL: 00431918 NKC: jn19981001808 NLA: 35966523 NLG: 150699 NNDB: 000087718 NPG: mp83552 NTA: 06867452X OBP: ID OL: OL133986A openMLOL: 22237 PTBNP: 272140 SELIBR: 194415 SNAC: w6c851bs SUDOC: 027008614 Treccani: marco-aurelio ULAN: 500115701 UNZ: AureliusMarcus WikiTree: Aurelius-1 Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marco_Aurelio&oldid=5564521" Categorías: Emperadores romanos Escritores en lingua grega Nados en 121 Finados en 180 Categorías ocultas: Wikipedia:Todos os artigos que requiren referencias Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde febreiro de 2017 Menú de navegación Ferramentas persoais Non accedeu ao sistema Conversa Contribucións Crear unha conta Acceder ao sistema Espazos de nomes Artigo Conversa Variantes Vistas Ler Editar Editar a fonte Ver o historial Máis Procura Navegación Portada Portal da comunidade A Taberna Actualidade Cambios recentes Artigos de calidade Páxina aleatoria Axuda Doazóns Ferramentas Páxinas que ligan con esta Cambios relacionados Páxinas especiais Ligazón permanente Información da páxina Citar esta páxina Elemento de Wikidata Imprimir/exportar Crear un libro Descargar como PDF Versión para imprimir Noutros proxectos Wikimedia Commons Wikiquote Outras linguas Afrikaans Aragonés Ænglisc العربية مصرى Asturianu Azərbaycanca تۆرکجه Bikol Central Беларуская Български བོད་ཡིག Brezhoneg Bosanski Català Čeština Cymraeg Dansk Deutsch Zazaki Ελληνικά English Esperanto Español Eesti Euskara Estremeñu فارسی Suomi Føroyskt Français Frysk Gaeilge Gàidhlig 客家語/Hak-kâ-ngî עברית हिन्दी Hrvatski Magyar Հայերեն Interlingua Bahasa Indonesia Ido Íslenska Italiano 日本語 ქართული Kongo Қазақша 한국어 Latina Lingua Franca Nova Lietuvių Latviešu Malagasy Македонски Монгол मराठी Bahasa Melayu မြန်မာဘာသာ Napulitano Nederlands Norsk nynorsk Norsk bokmål Occitan Polski Piemontèis پنجابی Português Română Русский Sicilianu Scots Srpskohrvatski / српскохрватски Simple English Slovenčina Slovenščina Shqip Српски / srpski Svenska Kiswahili தமிழ் Тоҷикӣ ไทย Tagalog Türkçe Українська Oʻzbekcha/ўзбекча Tiếng Việt Winaray 吴语 Yorùbá 中文 文言 Bân-lâm-gú 粵語 Editar as ligazóns A última edición desta páxina foi o 19 de agosto de 2020 ás 22:18. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información. Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos. Política de protección de datos Acerca de Wikipedia Advertencias Vista móbil Desenvolvedores Estatísticas Declaración de cookies