Sísifo - Wikipedia, a enciclopedia libre Sísifo Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Saltar ata a navegación Saltar á procura Perséfone supervisando o castigo de Sísifo (ánfora ática do 530 a.C. Sísifo, na mitoloxía grega, rei de Éfira (hoxe Corinto), era fillo de Eolo e Enarete e estaba considerado o máis astuto entre os homes e o menos escrupuloso [1]. Casou con Mérope (filla de Atlas), coa que tivo tres fillos: Glauco (pai de Belerofonte), Ornitión e Sinón. Índice 1 Zeus 2 Ulises 3 Notas 4 Véxase tamén 4.1 Bibliografía Zeus[editar | editar a fonte] Unha das moitas amantes de Zeus foi Exina, a filla do deus do río Asopo, e cando a levaba cara Enone, Sísifo viunos pasar. Ó pouco apareceu Asopo preguntando pola filla e Sísifo prometeu dicirlle o nome do raptor se abría un manancial permanente en Éfira. Asopo accedeu e creou a fonte Pirene, e Sísifo díxolle que fora Zeus quen lle levara á filla. Sísifo no Averno (Franz von Stuck, 1920) Como era de esperar, Zeus enfadouse e castigouno, cun castigo exemplar e eterno, que se fixo famoso na mitoloxía grega, para o que existen dúas versións. A primeira é que Zeus lanzouno ós infernos, onde debía empurrar unha enorme pedra monte arriba ata o cume pero que, ó chegar, caía pola aba do monte ata abaixo, e tiña que repetir o traballo unha e outra vez ata conseguir o disposto polos Xuíces do Inframundo: subir a rocha e soltala costa abaixo pola outra ladeira. E así por toda a eternidade. A segunda versión, da man de Ferécides, conta que Zeus mandoulle á Morte (Tánatos) para que o matase. Cando Tánatos chegou na súa procura, Sísifo sorprendeuno apresándoo con grillóns, co conto de querer ensinarlle cómo funcionaban, o que motivou que ninguén morría no Mundo. Zeus ordenou a Sísifo que soltara a Tánatos para que este puidese seguir co seu traballo, e o primeiro que morreu foi o propio Sísifo [2]. Pero este, antes de marchar, díxolle á súa muller que non fixera ofrendas fúnebres ós deuses trala súa morte. A muller obedeceuno e, ó chegar ó inferno, acusouna de impiedade ante Hades e convenceuno para que lle deixase regresar ó mundo dos vivos durante tres días, e así poder castigar á muller e asegurarse de que cumpría cos rituais debidos. Hades (ou Perséfone) estaba indignado contra a muller de Sísifo e non podía estar no inferno ó non estar enterrado, polo que lle permitiu volver, pero Sísifo, unha vez na casa, negouse a regresar ó infernos e viviu tan tranquilo durante moitos anos. Cando finalmente Tánatos chamouno definitivamente (ou Hermes foi por el), Hades impúxolle este castigo do que non tiña posibilidades de fuxir. Sísifo (Tiziano, 1548-1549, Museo do Prado) Hixino recolle outra versión do mito, aínda que de forma incompleta. Sísifo quería matar ó seu irmán Salmoneo, que se fixera co reino de Tesalia á morte de Eolo [3], e preguntoulle cómo facelo ó oráculo. Apolo contestoulle que o vingarían os fillos que tivese coa súa sobriña Tiro, e así o fixo, seducindo á súa sobriña, coa que tivo dous fillos xemelgos. Pero Tiro tivo coñecemento do oráculo e, para evitar a morte do seu pai, prefiriu matar ós fillos sendo aínda meniños. Perdeuse o texto de Hixino co que puido facer Sísifo nesta situación, e cando continúa está no Hades subindo a pedra ó cume do monte. "Dise que el, agora nos infernos, a causa da súa impiedade, fai rodar unha rocha cos seus ombros monte arriba, pero cada vez aque chega ó cume, retreocede rodando de novo cara abaixo tras el". (Hixino: Fábulas 60) Pero Robert Gaves continúa dicindo que Sísifo mostrou os cadáveres dos meniños no mercado e acusou a Salmoneo de incesto e de asasinato, co que conseguiu que o expulsaran da cidade [4]. Ulises[editar | editar a fonte] Conta a lenda que Autólico lle roubou o rabaño a Sísifo [5]. Este, que gravara o seu nome (ou as iniciais SS [6]) nos pezuños dos animais ó comprobar como lle ían faltando reses, puido demostrar ante tódolos veciños que o gando era seu e reclamou a devolución. Pero ese mesmo día casaban Anticlea, a filla de Autólico, e Laertes, e Sísifo entrou na casa e maquinou ata conseguir seducir á noiva esa noite, enxendrando así ó heroe Ulises [7]. Claro que tamén se di que Autólico entregou voluntariamente a filla a Sísifo porque desexaba ter un neto tan astuto como este. Notas[editar | editar a fonte] ↑ Grimal, s. v. Sísifo. ↑ Ou ben foi Ares quen liberou a Tánatos e despois entregoulle a Sísifo. Ares, deus da guerra, estaba naturalmente interesado en que a xente seguise morrendo. ↑ Salmoneo era outro impostor famoso que se facía pasar polo mesmo Zeus. ↑ Graves, px. 240. ↑ Autólico ten sona na mitoloxía grega de experto ladrón. Podía transformar o gando roubado como quixer, para que non puidese ser recoñecido polos donos. ↑ Algúns autores din que mandara gravar as palabras "Roubado por Autólico" (Graves, 239). ↑ Así, a astucia de Ulises viría do seu pai Sísifo. Véxase tamén[editar | editar a fonte] Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Sísifo Bibliografía[editar | editar a fonte] GRAVES, Robert: Los mitos griegos, Ed. Gredos, 1ª ed. 2019, 239-243. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 60; 201. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, I, 9, 3 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Control de autoridades : Q102561 WorldCat VIAF: 67258418 BMT: 60394 BNF: 12078609k BRE: 3661302 CERL: cnp00567273 EBID: ID GEC: 0062974 GiantBomb: 3005-20265 GND: 118614797 LCCN: no2014082839 NKC: jo2016908762 SUDOC: 078600707 Treccani: Sisifo Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sísifo&oldid=5691176" Categoría: Homes na mitoloxía grega Menú de navegación Ferramentas persoais Non accedeu ao sistema Conversa Contribucións Crear unha conta Acceder ao sistema Espazos de nomes Artigo Conversa Variantes Vistas Ler Editar Editar a fonte Ver o historial Mais Procura Navegación Portada Portal da comunidade A Taberna Actualidade Cambios recentes Artigos de calidade Páxina aleatoria Axuda Doazóns Ferramentas Páxinas que ligan con esta Cambios relacionados Páxinas especiais Ligazón permanente Información da páxina Citar esta páxina Elemento de Wikidata Imprimir/exportar Crear un libro Descargar como PDF Versión para imprimir Noutros proxectos Wikimedia Commons Outras linguas Afrikaans العربية مصرى Asturianu Azərbaycanca Boarisch Беларуская Български বাংলা Brezhoneg Bosanski Català کوردی Čeština Чӑвашла Dansk Deutsch Ελληνικά English Esperanto Español Eesti Euskara فارسی Suomi Français Gaeilge עברית Hrvatski Magyar Հայերեն Bahasa Indonesia Íslenska Italiano 日本語 Jawa ქართული Қазақша 한국어 Latina Lëtzebuergesch Lietuvių Македонски မြန်မာဘာသာ Plattdüütsch Nederlands Norsk nynorsk Norsk bokmål Occitan Polski Português Română Русский Scots Srpskohrvatski / српскохрватски Simple English Slovenčina Slovenščina Shqip Српски / srpski Svenska ไทย Türkçe Українська Tiếng Việt Winaray 吴语 中文 Editar as ligazóns A última edición desta páxina foi o 4 de febreiro de 2021 ás 21:38. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información. Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos. Política de protección de datos Acerca de Wikipedia Advertencias Vista móbil Desenvolvedores Estatísticas Declaración de cookies